Opinión

PAN POR PAN


O cabalo da morte. Poucos animais tan unidos ó ser humano, dende tempos antigos, como o cabalo. Dende vello simboliza o poder, a velocidade, a nobreza. No mundo cristián, tamén o valor, mentres en Oriente se asocia ó lume ó ceo. O cabalo negro é símbolo da morte. Varias lendas galegas recollen este sentido. Se un cabalo tropeza cunha pedra, interprétase como petición de axuda dunha ánima, para que se rece por ela. En terras de Nogueira de Ramuín cita Afonso Monxardín o Camiño da Ponte, onde se aparece un cabaliño lanzal branco, que se achega a un valado para que as xentes o cabalguen, pero non o fan por medo. Unha historia semellante recolleu Risco en Congostro-Rairiz de Veiga, onde se aparece un pequeno cabalo moi fermoso diante dunha muller. Esta négase a falar con el e o cabalo retírase detrás dun amieiros, botándose a rir e logo desaparece: os campesiños pensan que se trata do demo.



Te puede interesar