Opinión

PAN POR PAN

Modigliani Un taxista. A pasada semana tivo lugar en Lugo un congreso internacional sobre ‘Literatura Hispánica e prensa periódica (1875-1931)’, que convocou a personalidades d atalla de Jean-François Botrel, Dru Dougherty ou Yvan Lissorgues. Eu participei cunha conferencia sobre a prensa cultural galega nese período e aproveitei para saudar a amigos de vello como Claudio Rodríguez Fer e Carme Blanco. Veunos buscar a Auria un taxista de Compostela, a María e a min. Xa foi agradable subir ó taxi e escoitar música clásica, suave, de fondo. E logo o seu falar pausado, relaxante. De ida e volta, houbo tempo para todo: falamos da familia e dos fillos, das reviravoltas da vida, da crise e do traballo, etc. El é un antigo contable que tivo que coller o taxi ó pechar a empresa na que levaba anos. A conversa foi un milagre de empatía e comunicación: alegroume un pouco máis o día. Así de sinxela é a vida.



Te puede interesar