Opinión

PAN POR PAN

Azpeitia. Estiven en Azpeitia hai anos, convidado por amigos vascos. Confeso que daquela, nos 70, non percibín na rúa o medo ós violentos, quizais porque non o quixen ver, quizais porque entón o apoio pasivo ás teses de ETA era maior que hoxe. A imaxe que dan agora as televisións, tralo covarde asasinato dun empresario, é ben diferente: albíscase o medo na xente que nin quere falar cos xornalistas, nunha parte dos obreiros de Ignacio Urrutia que non protestan pola súa morte, nese deixar pasar as cousas como se non sucedese nada. Como se fose un fatal accidente da natureza. A foto que onte publicou un xornal de Madrid é incomprensible dende unha mínima empatía coas vítimas: os compañeiros de baralla do empresario seguen a xogar a partida como se tal cousa. Farían o mesmo se morrese nun accidente? Son realidades moi difíciles de entender, aínda nun concello gobernado por ANV, brazo político dos violentos.



Te puede interesar