Opinión

PAN POR PAN

Contra Darwin. Quince anos despois de publicarse ‘El origen de las especies’ (1859), o teólogo Charles Hodge acusou a Darwin de negar a existencia de Deus ó definir os humanos como o resultado dun proceso natural en lugar dunha creación deseñada por Deus. Hai dous anos o Papa Benedicto XVI amosou as súas reticencias nun libro co argumento de que a teoría da evolución non é demostrable de xeito empírico porque é imposible meter no laboratorio a dez mil xeracións. A oposición ó evolucionismo hoxe está dirixida por grupos relixiosos que propugnan a teoría do Deseño Intelixente (Michael Behe), segundo a cal os sistemas de complexidade irredutible dalgúns organismos ‘foron en último termo resultado dun deseño intelixente’. No ámbito científico tales teses son totalmente desbotadas e considéranse un rebulir do creacionismo e un novo intento de introducir a óptica relixiosa nos programas escolares.

Te puede interesar