Opinión

Pan por pan

Ezra Pound. Hoxe, chova ou non, gustaríame empezar o día facendo algo valioso. Algo que non se poida mercar con cartos e que non aspire a cotizar en bolsa. Por exemplo, algo de verdade útil. Como compartir con vostedes uns versos. Como estes do gran Ezra Pound (‘O desván’): ‘Vén, apiadémonos dos que teñen máis fortuna que nós. / Vén, amiga, e lembra / que os ricos teñen mordomos en vez de amigos, / e nós temos amigos en vez de mordomos. / Ven, apiadémonos dos casados e dos solteiros. / A aurora entra cos seus pés miudiños / como unha dourada Pavlova, / e eu estou perto do meu desexo. / Nada hai na vida que sexa mellor/ que esta hora de limpa frescura, / a hora de espertarnos xuntos’. Eu, co permiso de todos vostedes, vóullelos dedicar, a xeito de alborada galega, á miña María, que ben os merece. E seguro que vostedes, a pouco que pensen, teñen tamén alguén a quen dirixírllelos.


Te puede interesar