Opinión

Pan por pan

Credibilidade. Xosé Vilas Nogueira, no seu día especialista no Estatuto Galego, foi redactor das Bases Constitucionais da UPG e ANPG. Hoxe, despois de paradas en ribeiras como Esquerda Unida, escribe en Libertad Digital e chámalle ‘social-nacionalistas’ ós membros do bipartito.


A súa viaxe da esquerda á dereita non é un caso illado: velaí, en clave galega, Pedro Arias, que xa lle chamou subnormal a un ministro, ou Miguel Cancio, por poñer dous casos. A nivel español, a lista é longa: César Alonso de los Ríos, Pío Moa, Jiménez Losantos, Gabriel Albiac, etcétera. Por suposto, están no seu dereito a cambiar de opinión dende o comunismo, o maoísmo ou o trosquismo ata a extrema dereita nalgúns casos. Aínda que, sen facer antes unha mínima autocrítica, tamén sexa difícil outorgarlles credibilidade.



Te puede interesar