Opinión

Pan por pan

Manual de amor. Por un blog dunha autora galega, Lula Fortune, souben que na Biblioteca Capitular de Verona encontrouse o primeiro manual para escribir cartas de amor, do século XII, asinado por un tal Guido, quizais un crego. Alí aconsella gabar sempre a beleza e calidades da amada, con exemplos de parellas mitolóxicas (Paris e Helena, Píramo e Tisbe), usando imaxes de pedras preciosas ou enviando ‘tantos saúdos como peixes hai no mar’ ou ‘flores leva o verano’. Convén referirse ó sentimento de amor como algo imposible de describir: ‘ámote tan fondamente que non sería capaz de explicalo aínda que todos os membros do meu corpo puidesen falar’. Tamén fala ese manual de bicos, apertas e ‘cousas doces cosas para facer xuntos’ e recomenda dirixirse ó destinatario con expresións deste xeito: ‘a túa beleza sabe que...’, ‘a túa dozura coñece...’. Que sorte tiveron as mulleres amadas naquela xeira!

Te puede interesar