Opinión

Pan por pan

Hitler lector. Segundo leo nunha reportaxe, seica Hitler foi lector habitual, compulsivo, e axuntou na súa biblioteca uns dezaseis mil exemplares. Pero foi mal lector, asistemático, en realidade non lía por pracer nin lle gustaban as novelas, só lía para confirmar os seus propios prexuízos. E que lía? Pois libros racistas e antisemitas, obras militares, enciclopedias e almanaques e libros de ocultismo. Tamén lle gustaban as novelas do Oeste de Karl May e ás veces usaba os seus heroes apaches como exemplos de estratexia militar diante dos seus xenerais. Leu pouco a clásicos do pensamento como Nietzsche, que se teñen relacionado coa súa propia cosmovisión; supoño que chegaríaa eles por versións divulgativas. En fin, en tempos había un anuncio cursi que dicía que un libro axuda a triunfar. Creo que daquela el Perich fixera un chiste moi acaído coa caricatura do líder nazi co seu panfleto Mein Kampf.



Te puede interesar