Opinión

Pan por pan

Azorín. Outro dos autores recollidos na serie Miradas Alleas, é Azorín, co volume ‘Galicia (Paisajes, gentes, carácter, costumbres, escritores...)’, escolma de textos azorinianos, preparada e introducida por Alonso Montero. Só polos seus numerosos textos rosalianos, xa ten Azorín un lugar de honra nos galegófilos de orixe foránea. Ante o silencio ou o desprezo de tantas voces, Azorín reivindicou a nosa autora como un dos grandes poetas do seu tempo e amosou o seu respecto tamén por Manuel Murguía. No libro hai moito máis: a visión da paisaxe galega, dende os textos de Rosalía, dona Emilia Pardo Bazán e Valle Inclán; o seu entusiasmo pola música popular galega; palabras agarimosas para Lamas Carvajal; a súa exaltación da coroza, etc. Moi oportuna esta volta sobre as páxinas de Azorín, ese filósofo do pequeno que mantén toda a elegancia da súa prosa, como ben subliñaron Vargas Llosa, Pere Gimferrer ou o noso Casares.

Te puede interesar