Opinión

PAN POR PAN

Hippies. E logo que lle farían ós creativos da publicidade os hippies? Coinciden nas televisións dous anuncios, non sei se creados pola mesma man. que utilizan o movemento hippie como escusa: un dunha canle privada de TV e outro dunha marca de embutidos. Neste último o fillo rebélase contra o vexetarianismo dos pais e peca contra as raíces comendo unhas rebandas de xamón cocido. A linguaxe publicitaria usa o humor e o rexistro da parodia, pero aquí a caricatura é moi bruta: os hippies parecen parviños ou fumados que só saben mover a cabeza como os canciños decorativos que se levaban antes nos auto móbiles. O movemento hippie ten moitas variables a considerar: o pacifismo, o orientalismo, a música e a poesía, as drogas e a defensa do amor libre, etc. Defendía o hedonismo e rexeitaba o consumismo. Pero agora alguén lembrouse deles para todo o contrario. Serán os danos colaterais da crise.

Te puede interesar