Opinión

O caso de Radovan Karadzic

En los 10 años que Radovan Karadzic ha estado ‘perseguido’, ha publicado dos libros y una obra de teatro. Quizás si la comunidad internacional, creara una compañía de teatro le sería más fácil encontrarlo...’.


Con esta irónica reflexión remata a película ‘La sombra del cazador’ a cal, baseada nun artigo do corresponsal de guerra americano Richard Shepard, reflicte as súas vivencias na guerra de Bosnia e o que pasaría se os periodistas tentaran dar caza a un dos homes máis buscados do país, Radovan Karadicz. Isto que non é máis que ficción, amosa desgraciadamente unha realidade, que unha vez derrocado o rexime e finalizado o conflicto ninguén se molestou de verdade en atopar e xuzgar aos criminais de guerra. Por qué?..., estou segura que os lectores son o suficientemente intelixentes para respostar á pregunta. E é que o esperpento non é para menos, o home que buscaban Nacións Unidas, a OTAN e a CIA viviu durante doce anos en Belgrado, amante incluída, mentras a súa lenda de prófugo medraba, exercendo de médico e rodeado de numerosos gardas de seguridade, colaboraba nunha revista de medicina naturista, daba conferencias e ía de vacacións a Croacia, onde alugaba un apartamento, e, segundo analistas internacionais indepedentes, protexido pola polícia e polos monxes dos todopoderosos mosterios ortodoxos serbios. En fin, un insulto á memoria das víctimas. E aínda hai quen dúbida de que a realidade supere á ficción! Karadzic, inculpado de xenocidio, crímenes contra a humanidade e crímenes de guerra polo Tribunal Penal Internacional de La Haya, en particular pola eliminación de 8.000 musulmáns en Srebrenica en xullo de 1995 e polo asedio de Sarajevo onde morreron 10.000 civís; psiquiatra de profesión, poeta, cal ‘bardo’ serbio que canta derrotas e xestas gloriosas (‘Baixemos á cidade e matemos a algún inútil’, é o título dun dos seus poemas) e escritor de obras teatrais por aficción naceu, cal salvador bíblico, nun establo na aldea de Petnjica en Montenegro. E como todo bo ‘salvador’, convertido nun auténtico ‘bardo’, e apoiado por Slobodan Milosevic e polo xeneral Mladic, (quen segue xogando ás agochadas) protexeu Serbia dos seus inimigos e para elo limpou Bosnia dos seus elementos non serbios. Resultado: un millón de exiliados e 200.000 mortos.


Este pésimo escritor, non sabemos que tipo de psiquiatra era, ao que a Historia debe frases tan elocuentes coma: ‘Os serbios só teñen dous amigos: Deus e os gregos’ ou ‘Os de Sarajevo non contarán aos seus mortos. Contarán aos vivos’, considerado coma un monstruo por croatas e musulmáns e para moitos serbios como un heroe de guerra, tentou conseguir polas armas o que as furnas lle negaron (os musulmáns vencéronno sempre en tódolas eleccións): crear e gobernar unha República Serbia independente no marco de Bosnia-Herzegovina e baixo o lema ‘Os serbios poden vivir sen pan, pero non sen estado’, dirixiu un proceso de limpeza étnica sen precedentes nos Balcáns.


Protexido por lealdade , por uns, e para que non falara, por outros, os gobernos de Serbia fixeron del unha baza política. Resulta un tanto estraño que a súa detención se poduza despois de que Serbia e a Unión Europea firmaran un acordo de asociación no cal se vencella a adhesión de Serbia a UE coa entrega dos criminais de guerra. En fin, unha que segue sendo unha declarada inxenua, só espera que no seu vindeiro xuizo se faga xustiza coas víctimas e se nos dea resposta a dúas preguntas: por que tivo lugar a masacre de Srebrenica?, e, que tipo de acordos se texeron en col á guerra de Bosnia?

Te puede interesar