Opinión

Falando de educación

A semana pasada saía nos medios de comunicación a publicación dun estudio titulado ‘Docentes ou mestres: percepcións da educación dende dentro’ realizado por FAD e a Obra Social de Caixa Madrid no que profesores (eu prefiro aquilo de ‘mestre’),de Infantil, Primaria e Secundaria, analizan o sistema escolar español. Consideran, os profesores que participaron neste estudio, que non están suficientemente preparados para enfrontarse á multiculturalidade, ao emprego das novas tecnoloxías e a relación cos pais dos seus alumnos. Sinalan, ademais, que a tarefa educativa está desprestixada , a súa imaxe deteriorada e que os políticos empregan a educación como arma electoral o que leva á inestabilidade dos modelos educativos. Ben, coincidindo en todo isto, o que me parece máis grave é o non saber como relacionarse cos pais dos alumnos e creo vai unido ao desprestixio e deterioro da tarea educativa no cal todos temos responsabilidades. É digo que é o máis grave porque mestres e pais deben relacionarse e cooperar entre si para axudar a un terceiro: o alumno. O de enfrontarse á multiculturalidade e ás novas tecnoloxías apréndese e depende só de querer facelo, do de reciclarse de toda a vida e de tódalas profesións. Pero o das relacións cos pais e un ‘baile de parellas’ e fan falta dous para poder bailalo e coma en todo baile este será perfecto se cada un sabe os pasos que debe dar , execútaos e non pisa ao outro.


Cando no mes de maio pasado lle era concedida a Palma de Ouro no festival de Cannes á película francesa ‘Entre les murs’, sobre os conflictos nas aulas dun instituto francés, o seu director, Laurent Cautet dicía que a súa idea era ‘facer unha película sobre a sociedade francesa e que mellor que unha escola a cal non é máis que unha metáfora da sociedade’. Comparto plenamente esta afirmación e engadiría que a violencia escolar reflicte a violencia existente na sociedade. Non hai violencia nas aulas hai violencia na sociedade, e mentras sigamos buscando solucións ou teorizando sobre a violencia na escola en termos de televisión, videoxogos,cambios sociais, inmigrantes..., poderemos poñer parches pero non resolveremos nada. Para resolver un problema hai que atopar as causas reais e as da violencia nas nosas aulas están por un lado nunha sociedade que exerce a violencia e a tolera, e por outro nun sistema educativo que confunde ensino obrigatorio con ensino común ata os dezaseis anos. Como lle podemos pedir a un rapaz de doce anos que quere aprender un oficio que esté pechado nunha aula escoitando cousas que nen entende nen lle interesan?, como lle podemos pedir a este rapaz completamente frustrado por estar nun lugar que non é o seu e por conseguinte sen estímulo algún que ademais se porte ben? Parafraseando a un coñecido profesor ourensán ‘dámoslle café a todos cando algúns prefiren té’. Hai quen di que falta autoridade e que hai que voltar ao ‘vostede’, coma se o respeto estivese nunha palabra! Evidentemente, as faltas de disciplina e certas actitudes non se poden permitir, nembargantes sempre defenderei o reforzo positivo fronte ao castigo e os tratamentos aversivos, que case sempre predispoñen negativamente. Hai un vello adagio que di que ‘cando os feitos contradicen as ideas podemos negar os feitos ou rectificar as ideas’. E o feito é que os castigos, aínda que nalgunhas ocasións sexan necesarios, poucas veces levan en educación a unha modificación da conducta que queremos cambiar. Se un alumno insulta a outro probablemente deixe de realizar esa conducta recompensando o que non o faga e non castigando que o faga, con toda probabilidade neste último caso o único que conseguiremos será que non o faga na nosa presenza pero que o faga máis cando nós non esteamos.


Para rematar un anaquiño dunha carta que un neno dirixe a tódolos pais do mundo e que nos invita á reflexión: ‘No me des todo lo que te pido. A veces, sólo pido para ver hasta cuánto puedo coger. No me grites. Te respeto menos cuando lo haces; y me enseñas a gritar a mí también. Y yo no quiero hacerlo. No me des siempre órdenes. Yo lo haría más rápido y con más gusto (...) No me compares con nadie, especialmente con mi hermano o mi hermana (...) No cambies de opinión tan a menudo sobre lo que debo hacer. Decide y mantén esa decisión. Déjame valerme por mí mismo. Si tú haces todo por mí, yo nunca podré aprender. No digas mentiras delante de mí, ni me pidas que las diga por ti, aunque sea para sacarte de un apuro (...) No me digas que haga una cosa si tu no la haces. Yo aprenderé siempre lo que tú hagas, aunque no me lo digas. Pero nunca haré lo que tú digas y no hagas (...)’.



Te puede interesar