Opinión

Piratas

‘Entre todas las vidas

yo escojo la del pirata cojo

con pata de palo

con parche en el ojo

con cara de malo

el viejo truhán

capitán de un barco

que tuviera por bandera

un par de tibias y uan calavera’


Por Por mor do secuestro a semana pasada do Playa de Bakio por piratas somalís impresionoume unha das mulleres dos reféns que se preguntaba como lle ía explicar ao seu fillo pequeno que o seu pai estaba secuestrado por piratas.Póñome no seu lugar e compréndoa perfectamente.Dende que somos pequenos cóntannos historias de piratas con abordaxes, motíns e tesouros agochados que nos fascinan nas páxinas dos contos e nas vellas películas. Piratas que viaxaban en barcos de vela cunha bandeira negra cunha calaveira e dous ósos cruzados. Piratas que baixo o grito de a abordaxe! saltaban a outro barco tentanto conseguer os seus tesouros.


Teño que recoñecer que sempre me encantaron estas historias. Pero dos que vou falar hoxe son dos verdadeiros piratas. Dos que non levan perna de pau, parche nun ollo nen loro no ombreiro. Porque estes piratas, docificados pola literatura e o cine, existiron de verdade. As páxinas da historia están cheas deles dende que o home empezou a navegar e o comercio marítimo se desenvolveu.Algúns foron heroes nacionais coma os antigos gregos Jasón e Ulises. Piratas foron tamén os Vikingos na Idade Media quenes, a pesares da literatura rosa que os rodea, só buscaban nas súas incursións riquezas,escravos e terras. Piratas foron os que están considerados coma os mellores navegantes do medievo, os árabes. As súas expedicións, recollidas na literatura, coma as aventuras de Simbad el marino, pasaron a formar parte desas historias de piratas nas que a creación desprazou á Historia. Pero todos estes magníficos contos e relatos agochan unha realidade: as súas expedicións só buscaban materias primas, productos de Oriente para comerciar e escravos para vender. E que dicir dos irmáns Barbarroja (Baba Aruj e Khaid ar Din)?, que ,vencellados ao Imperio Otomano, provocaron incalculables perdas á frota española.


Piratas foron tamén os coñecidos como corsarios, financiados polos grandes Estados modernos, especialmente Francia e Inglaterra, que xorden a partires do XVI cando a piratería se converteu nunha cuestión política. Estes novos piratas revestidos polo cine e a literatura de nobres ideais non agochaban outro fin que non fose capturar e saquear o tráfico marítimo dos países inimigos, ata constituir unha especie de carreira profesional especializada no roubo marítimo e o saqueo de cidades e portos.Fa mosos corsarios foron os franceses Robert Surcouf, Jacques de Sore e Juan Florín. Pero sen dúbida, onde a piratería chegou a ser un formidable negocio de estado foi en Inglaterra onde a propia raíña , Isabel I , entregaba patentes aos corsarios a cambio de parte do botín acadado. John Hawkins, Stephen Courtney e Francis Drake, entre outros, foron ilustres corsarios ingleses. Piratas foron tamén os bucaneiros,negreiros e filibusteiros que tomando o relevo dos anteriores dominaron o Caribe durante os séculos XVII e XVIII.


Hoxe os piratas como poidemos comprobar a derradeira semana seguen existindo pero modernizados.Adaptados ás novas tecnoloxías. Os piratas de hoxe levan lanzagranadas, GPS,fusís e pistolas. Xa non viaxan en barcos de gran velame senón en rápidas e lixeiras embarcacións. Organízanse en mafias internacionais e ata dispoñen de despachos de abogados que negocian os rescates. Todo un negocio! A verdade é que a imaxe destes piratas é bastante diferente da de Long John Silver, da do Capitán Garfio, da do Capitán Blood ou da de Sandokan, por poñer algúns exemplos. A literatura e o cine crearon imaxes románticas de piratas convertidos en heroes e espero que o fillo dese pescador, hoxe xa felizmente liberado, siga aínda por moito tempo soñando con eles; soñando co Pirata Garrapata , co vello pirata Salvador...



Te puede interesar