Opinión

Somos racistas?

Sí. Que duro é ter que respostar afirmativamente a esta subxestión! Pero si, señores e señoras, segundo un informe publicado a derradeira semana por Amnistía Internacional, España é un país racista. E como os países os formamos os habitantes que neles vivimos é unha obviedade dicir que os españois somos racistas.


Do informe de AI titulado ’Entre la desgana y la invisibilidad’, sacamos dúas conclusións escalofriantes. Primeiro, existe unha pasividade manifesta por parte das institucións públicas na loita contra as distintas formas de rechazo, discriminación e violencia de carácter racista ou etnicista. Tese apoida polos seguintes feitos: non ratificamos dez tratados internacionais contra a discriminación de inmigrantes e persoas xitanas, temos leis coma a de Estranxeiría con artigos declarados inconstitucionais, non temos nengún plan integral de loita contra o racismo, e non ratificamos o Convenio Europeo sobre a loita contra a trata de seres humanos que entrou en vigor o pasado febreiro. Segundo, os cidadáns somos racistas. Vexamos: Espana é un dos dez países europeos con meirande índice de casos de explotación sexual a mulleres e nenas estranxeiras, a meirande parte delas mulleres entre 18 e 25 anos provintes de Brasil, Bulgaria, Colombia, Ecuador, Nigeria, Ucrania, Rusia o Rumania; seis de cada dez cidadáns asocian delincuencia a inmigración e cinco de cada dez recoñecen que lles molestaría moito ou bastante ter como viciños a unha familia xitana; cada ano rexístranse no noso país 4.000 ataques racistas; a meirande parte dos inmigrantes traballan na economía sumerxida, págaselles menos, traballan en peores condicións e son as principais víctimas dos accidentes laborais ao tempo que se dá un incremento na aplicación de criterios racistas no aluger de vivendas,... Todo isto contribúe a aumentar un tipo de racismo máis sutil que o de séculos pasados, o chamado ’racismo oculto’. Concepto que permite que aquí ninguén sexa racista pois dáse a paradoxa que só o 0,7% dos españois se consideran deste xeito, mentras o viciño non sexa un marroquí ou un xitano, claro.


A feliz casualidade fixo que onte mesmo atopase dúas noticias relacionadas con este asunto que me apetece reflectir aquí porque nos poden ilustrar dalgún xeito. A primeira delas é un estudio feito polo CIS mediante unha entrevista persoal, cara a cara, entre cidadáns de distintas partes da nosa xeografía e na que entre outras cousas me pareceu ’alarmante’ o seguinte dato: o 34% manifestaba non estar disposto a que os inmigrantes mantivesen a súa cultura. E dicir, esta xente admitiu abertamente, que eran xenófobos, e pregúntome cal será a porcentaxe real dos españois que pensan igual pero que non o manifestan. A segunda, fai referencia a un estudio feito pola Universidade Complutense de Madrid no que fillos de inmigrantes manifestaban as súas experiencias de discriminación máis comúns en termos de agresións físicas, burlas, negación de favores, intimidación, ameazas, expresións do tipo ’vaite ao teu país’, sudaca, negro, moro..., e todo isto na escola.


Vou rematar este artigo con algo para a reflexión. Trátase de dous anaquiños dun espléndido discurso que sobre o racismo pronunciou, hai uns días, o candidato á presidencia de Estados Unidos, Obama: (...) ’La ira es real, es poderosa y el simplemente desear que desaparezca, el condenarla sin entender sus raíces, sólo sirve para incrementar el abismo de falta de entendimiento que existe entre las razas’ (...).


(...) ’Puede ser que no tengamos la misma apariencia y que no provengamos del mismo lugar, pero todos queremos movernos en la misma dirección: hacia un futuro mejor para nuestros hijos y nuestros nietos’... ’Yo creo en la genialidad de este país, que es capaz de evolucionar’ (...). Yo también creo en la genialidad de este país.

Te puede interesar