Opinión

O carisma de Suárez

Recordo con total nitidez sendo eu unha neniña como se apoderaba o silencio no noso bar cada vez que aquel home saía na pantalla. Enchía a casa. Os máis vellos apoiábanse na barra para atendelo, os que xogaban a partida detiñan o xogo para escoitalo. Os máis cultos quedaban encandilados polo seu amable verbo, esa arte da oratoria que todos entendían perfectamente. Nacera co don da palabra, e probablemente tamén -para o noso ben– co don de ser oportuno, pois parecía que caía do ceo un ser humano de pasta especial, nun tempo difícil, para facilitarnos a vida a moitos. Algúns dicían que “era traballador”, outros que “ben se lle ve, que quere facelo ben”. A xente de pobo é experta identificando intencións, algo ancestral lle dí quen é o home de boa vontade. Ó papá parecíalle “culto e honrado”. A mamá lanzaba aquela frase de “fan” que quedaba resoando no aire entrelazándose co fume dos cigarros que invadía o bar: “Non o hai máis elegante!” A mín gustábame porque paseaba cos seus fillos e tocáballe a cabeciña cariñoso, e por aquel seu brillo, a súa mirada limpa e alegre de soñador e namorado da liberdade. Cada un viamos nel o que máis nos gustaba como se fora á vez o espello e o reflexo, a grandeza que todos levamos dentro. Os meus ollos cheos de infancia observaban como compartían mesa aqueles homes de corazóns feridos, rotos, castigados, que viviran a guerra e que eran agora sacudidos polo espírito conciliador de este gran home que lle falaba da beleza da rosa a pesares das espiñas. Era coma se aquela voz se filtrara entre as fendas das portas e ventás, con fe férrea, querendo crear enexías propicias para un novo país.

Vaia por vostede, señor presidente, esta lembranza chea de gratitude e voe hacia ese lugar onde os heroes recollen as mellores recompensas, as que merecen os grandes homes, que fixeron da súa propia vida e da dos que os rodeaban, unha melodía de amor en arte maior interminable.

Te puede interesar