Opinión

UN CONTO DE AMOR

Namorada vive a Ratiña Presumida co seu lazo novo varrendo á porta da súa casa. Din que morren de amor os 'Tres Porquiños', pois fixeron as súas chouzas pensando casar con tres garbosas porquiñas. Campaíña segue lanzando chispas de ilusión por Peter Pan, mentres Wendy anhela un valente e artístico neno co que vivir aventuras apaixoantes nas que recupere aquel sentir, aquelasdoces canciónsque fixeron durmir ós Nenos Perdidos. A Cincenta segue comendo perdices co seu Príncipe Encantado e din que puxo en vitrina o zapato de cristal co que atopou o amor. Brancaneves mandoulle facer a cociñeira de palacio unha mazá de caramelo para lambela e saboreala mentres lembra o episodio da maldita bruxa que, semellando unha benévola velliña, quixo levala á morte. O soldadiño de chumbo e a súa bailarina viven eternamentenamorados no Mundo do Alén, e os pais de Polgariño non dubidan xa do seu amor agora que teñen cartos e lle deron traballo na casa do rei. Todo está ben no mundo dos contos. E se así é alá arriba, así debe ser aquí abaixo, onde cada 14 de febreiro os paxariños recórdannos que facer o niño está moi ben, sempre que se preparen as herbas e as palliñas primeiro. Que cando naza o paxariño, papá e mamá segan tendo provisions de amor abondo para atravesar a primavera veña como veña: fría ou mollada, fértil ou erma, demasiado quente ou con vendaval. Amémonos coma eles, meu amor, para que sexapara sempre, e que ainda que nos teñan que facer a proba do chícharo -coma á famosa princesa- para comprobar o noso linaxe de sangue real -é decir: cheo de Realidade- poidamos seguir voando xuntos ó País de Nunca Xamais. Amémonos coma nos contos, formemos unha novela rosa?


Varreremos a nosa casa coma aRatiña Presumida mentres chega e non chega o noso amado disposto a descolocarnos o lazo. Ratiña ou non, o Amor é un Conto de Fadas e alimentalo é cousa de poetas románticos que soñan con contaxiar a todos coas notas melodiosas do seu 'amoroso' corazón. Feliz San Valentín.

Te puede interesar