Opinión

JAVI MILLÁN E ATURUXO

Permítame, amigo lector, que nesta semana adicada ós maiores felicite dende aquí ós compoñentes do grupo Aturuxo, pola súa excelente interpretación, polo seu poderío sobre o escenario e por ?ante todo- facernos reflexionar (conducidos pola dramaturxia e filosofía de Javier Millán) sobre o fermoso que é vivir, o absurdas que son as críticas e as baixas miras, e por facernos descubrir, unha vez máis que a grandeza do corazón é sempre a mellor moeda de cambio neste noso negociar de cada día. Darlles as grazas ?a quen corresponda- por permitirnos disfrutar neste espectáculo, dos nosos queridos maiores, estes avós de todos que nos seguen dando tanto, entregándose por enteiro, sen escatimar esforzos nin arduos procesos de memorización. Eles, que traballaron duro cando o tiveron que facer, regálannos agora cultura sabendo que ela é o mellor patrimonio de todos para todos.


Eles estiveron magníficos e elegantes, elas preciosas e resaladas, e ti, meu querido Pepe Ruipérez, segues sendo un faro, un curioso elemento que cando chega -queirámolo ou non- temos que mirar. Divino misterio que se chama 'don', e que fai de ti -digámolo brevemente-'un ser especial'.


E por suposto, destacar o papel fundamental dese fantástico director Javier Millán, quen con esmero total, sensibilidade e mestría, conduce esa nave que se chama Aturuxo e que, con este líder, converteuse nun orgullo para Ourense. Sigamos apoiando este proxecto, porque este grupo representa ós avós de todos, ós sabios da tribo, os que coa mesma maxia nos contan un conto de fadas para facernos durmir, como se nos converten en bebés para soltarnos esa frase tan entrañable: 'gu-gu-ta-ta'.


¡Longa vida ós artistas!

Te puede interesar