Opinión

Mamás

Mamá. A que acende para ti e abre a túa primeira lub, a que che dá a primeira aperta que nada a borra de ti nunca. A que che inunda as células todas co aroma do seu peito e sabe empuxarte por primeira vez ó mundo con toda a forza do seu amor. A que te unxe co suor da súa pel e te sacia co seu leitiño quente. A que te fai quecer coas súas mans, sempre á túa medida, non importa o teu tamaño nin os anos que teñas. A que coa súa mirada confiada te lanza ó escenario da vida e que coa súa palabra te fai máis grande. Aquela que coa súa dozura “de culito de rana” che cura feridas ó momento e por arte de maxia. A que coa súa ausencia te axuda a medrar e coa súa presencia premia os teus avances. A muller que te mira millóns de veces e non pode deixar de mirarte. Sempre sobre ti o seu ampa- ro ainda que o lance dende as estrelas. Mamá que coa súa bágoa de emoción escribe para ti o mellor poema. Para todas as mamás que saben dar vida a cada golpe de vida. Felicidades. 

Te puede interesar