Opinión

AS NOSAS LETRAS

Falamos co acento melódico das avoas contándonos contos, co asubío do rapaciño que tanguía ás vacas ó solpor, coa sede que nos vencía nas tardiñas de xullo, e nas noitiñas eternas do verán nas que ninguén quería ir durmir. Falamos co aroma da herba fresca ou da seca, coa brisa húmida que subía polo camiño dende aquela fonte que nunca secara, co zoar do vento ou co silencio da lúa delicada, co descaro do aire que levanta saias e tira sombreiros. Falamos cos ollos calados, namorados soñando caricias. Falamos coa dozura do amor e dos versos que toponean, coas cadencias dos nenos, coa alegría dos mozos, coa sabia sentencia do vello que xa pensa na morte. Falamos coas mans que nos coidan, co sorriso que nos fai renacer e coa linaxe do sangue que nos rega os adentros?Pero cando fala o sol, escoitamos, para seguir empapando de luz a palabra de arte maior cultivada no sosego do tempos.

Te puede interesar