Opinión

VOLTA Ó COLE

Volvemos de novo ó cole. Dispostos a aprender de verdade, pois ben sabemos todos que non o sabemos todo. ¿Sabemos decodificar as mensaxes que a vida nos envía?¿Sentimos algunha vez eso que se dí: que Deus escribe con liñas torcidas?


Volveremos ver ós nosos nenos subindo -coma se fora unha fermosa metáfora- polas escaleiras dos Templos do Saber, nos que as súas sacerdotisas e os seus druídas ensinan a vida mesma, mentres lles explican -de paso- matemáticas ou língua, coñecemento do medio ou inglés.


Arriba esa Educación Emocional que une con lazos máis alá das notas, nos que podes sentir a gloria sen ter o superéxito, e no que podes suspender aínda levando un dez. Arriba esa forza vocacional que constrúe seres marabillosos ('se educas ó neno non terás que castigar ó home', dicía o sabio). Arriba eses mestres anónimos dos que non falan os diarios, porque construir sempre é tarefa silenciosa e á longo prazo pero que aporta a verdadeira felicidade cando temos claro que esta é a nosa misión. Arriba esa calor, ese cariño, eses xestos de complicidade a eses alumnos que debemos potenciar. Arriba esa motivación que non se paga con cartos pero si con endorfinas.


E ti, meu neno lindo, que de novo te guíe a estrela brillante da sabedoría, tan transparente ás veces que apenas se ve. Que subas de novo as escaleiras sentíndote ben, contento, anovado, ilusionado, para saber baixalas cheo de ti, recreado na túa propia grandeza, meu pequeniño, mentres chispean os teus olliños pillabáns coa fogueira que che encende o duende azul.

Te puede interesar