La Región
ZONA VERDE
La noche en que las hierbas se vuelven mágicas
Nestes momentos de nacionalismo galego profundo en toda a nosa terra, onde se fala dun retorno ás liberdades antigas e a restauración do noso enxebre espírito, non se poden esquecer os progresos realizados na aplicación da nosa lingua a piedade e devoción dos santuarios marianos, seguindo a tradición que encomezou o bispo Lago e González, e a abundanza dos estudos que falan dun renacemento da piedade galega e o desexo de usar cada día a nosa lingua no seu máis alto fin, que é a loanza de Deus na liturxia.
A linguaxe utilizada na predicación debe ser o galego xa que esta é a nosa primeira lingua, a do corazón e dos seus afectos. A ensinanza do coñecemento de Deus aos nenos en español é un costume perxudicial, e detractora da fe.
De esta ensinanza nace unha fe exótica que case nunca arraiga. As opinións da razón práctica emerxen dunha linguaxe natural. Os fundamentos da relixión e da moralidade falan da nosa lingua. Ises fundamentos xa os puxo o mesmo Creador na conciencia e comprensión de cada un para completar a construción do home moral e relixioso nunha lingua allea e construír fora do fundamento e dificulta-la consolidación da natureza e da graza. E facer unha obra pouco sólida e polo tanto de curta duración. A oración cristiá é máis do corazón que dos beizos, é un movemento do espírito, unha operación da alma pola que o seu vestido, é dicir, a súa manifestación, ten que ser o máis lixeiro posible, para non impedir calquera dos movementos naturais ou ocultar calquera das súas belas formas.
A oración en lingua allea será sempre fría e non será nunca a palabra simple do corazón que Xesús nos ensinou a orar. O costume de orar en lingua allea é máis frecuentemente un arrefriamento da piedade. A superficialidade da devoción é unha decadencia da vida interior.
Así, a oración non é reflexiva, carece da vehemencia das emocións que deben acompañala. Non imprime na alma pegadas duradeiras, non e flor olorosa que nace venturosa na terra do noso peito, senon unha flor exótica que, chegada doutros países, moitas veces é elegante, pero sen vida e murcha.
Cada un de nós recorda as obrigas para as almas dos irmáns na patria de Galicia. Na nosa terra estamos perdendo a profunda relixiosidade porque estamos arredando do pobo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
ZONA VERDE
La noche en que las hierbas se vuelven mágicas
Carlos Risco
COSAS QUE CONVIENEN
En el amor
Jorge Vázquez
SENDA 0011
Las gacelas no hacen ruido
Luis Sotelo
De la Alameda al Concello en autobús
Lo último
VIAJE INSTITUCIONAL DE CLAVIJO
Canarias prepara más de 30 actos para celebrar los 300 años de la fundación canaria de Montevideo
A POR LA VICTORIA
España busca reconocerse en el Mundial de fútbol ante Arabia Saudí