Opinión

Falando dos títulos de crédito

Se remato axiña, aínda podo ver case a película enteira. Digo case, porque a película xa empezou hai media hora. Nunca me gustou ver as películas empezadas. É máis, incluso se perdo os títulos de crédito iniciais, xa case prefiro non vela. Hoxe aínda a penso ver logo de case unha hora (a media hora que leva e máis o tempo que bote no ordenador), porque xa a vin, porque non é que sea boa e porque o único que quero é matar a noite. Falando dos títulos de crédito; agora é raro que as películas poñan os títulos de crédito ó principio. Pois mal feito! Ás veces bótome toda a película pensando nese actor ou actriz do que non me sae o nome. Se o houbese visto ó principio, zas, pois era esa ou ese. Non véndoos ó principio, esquécete xa deles; porque as televisións, tan axiña como remata o filme, ale, xa cortan. Incluso a primeira cadea!, que debería de ser a que nos ensine a todos. E hai que lembrar que unha película vai desde o primeiro fotograma ata o derradeiro fotograma.

Te puede interesar