Opinión

Lingua viperina

Rosa María Miras Puigpinós cubriuse de gloria.  Non creo que esqueza facilmente o ruído mediático que xeraron os seus comentarios, verquidos no Twiter o pasado domingo. Cualificalos de desafortunados é pouco. Dicir que son machistas non se fai suficiente. Para completar a descrición habería que engadir outro adxectivo máis: violentos. Si, Rosa María pasouse catro pobos co que escribiu. Se que me van a llover críticas de todos los lados -escribe ao principio, e continúa-, sé que lo que voy a decir es machista -que audaz! Entón, como di o outro, por que non calas, lista?-  y todo lo que se quiera -todo o que se queira non, amiga, todo o que é- pero escuchando a Arrimadas en T5 solo puedo desearle -atención á “xoia”- que cuando salga esta noche la violen en grupo -en grupo!-  porque no merece otra cosa semejante esta perra asquerosa. O de perra asquerosa, sendo como é un insulto que se pretende humillante -escribo “pretende”, porque non conseguiu o seu obxectivo, dado que a única humillación posíbel é a dela propia-, non é nada se o comparamos co desexo que formula. Refírome á seguinte frase: “que cuando salga esta noche la violen en grupo”. 

A estupidez humana, en casos coma este, chega ao delirio. Isto deixa claras varias cousas. Primeiro, neste mundo no que vivimos, para ofender a unha muller nada resulta máis efectivo que chamarlle perra e todas as súas variantes, isto é, puta, ramera, zorra… Segundo, aquí aínda se cre que humillar sexualmente, de xeito forzado, é o castigo que “merecen” as que molestan, en principio, aos homes. Terceiro, as mulleres tamén poden ser machistas. De feito, aí está Puigpinós, para exemplificalo. É ou non é? Pénsese ben o tema. O patriarcado existe, non só por aqueles homes cis que o sustentan, inoculan e fomentan, mais por aqueloutras mulleres cis que son cómplices. Quen son esas mulleres cis? Obviamente moitas brancas e occidentais que, como Rosa María Miras Puigpinós, lle desexan as súas conxéneres algo tan terríbel coma unha violación. E en grupo! Non vaia ser que o castigo sexa light! Rosa María ficou sen curro. Tinsa, a empresa na que traballaba, emitiu xa un comunicado no que, alén de manifestar o seu rexeitamento a respectos deses bochornosos comentarios, aclara que foi despedida. Se fue se fue -cantamos todas as demais- Nos dejó solo su veneno. Se fue, se fue… A ver se tira proveito deste despido ao que a conduciu o despotismo e aprende algo de algo. Prudencia e respecto, para comezar.

Te puede interesar