Opinión

PARTIDOS, SINDICATOS E IGREXA

Desde que o actual Goberno de España decidiu “cargar” a partida presupostaria da Igrexa católica, a cambio de que os españois que así o desexaran ¡por relixiosos! adxudicaran na casiña correspondente o 0,7% dos seus impostos a favor da confesión preferida, non somos poucos os que esperamos que aplique a mesma doutrina aos partidos políticos e sindicatos. Só así estariamos diante dun trato equitativo, non discriminatorio.

Que á Igrexa católica a financien os católicos, aos partidos políticos os respectivos militantes e que os sindicatos saian adiante cas aportacións dos traballadores, non só parece o máis obxectivo, entendible, decente e equitativo, senón que impediría que pagasen “xustos por pecadores”. Pero, paradóxicamente, mentres o presidente do Goberno socialista de España foi acompañar a Obama no rezo, aquí en España, aos católicos lles aplica aquilo de: se queres caldo págao, e se desexas dúas tazas... pois pagas dobre. A democracia consiste en aplicar o mesmo raseiro a todos por igual, ante as mesmas demandas; polo que, como se di, máis do 90% dos gastos sindicais e dos partidos se sufragan directa ou indirectamente polo Goberno, pois síntome coa real ganas para diagnosticar que estamos diante dun Goberno discriminatorio e carente do sentido de equidade.

Por se non fora pouco, sendo os sindicatos os grandes beneficiados das subvencións, están hoxe –máis que nunca- na boca do furacán, pois non son poucas as voces que din que qué máis da que haxa ou non sindicatos, co actual Goberno. O contrapoder da clase traballadora diante do Goberno, actualmente non é quen de satisfacer ningún obxectivo. Demasiado caros, en tempos de crise, a cambio de nada.

Cando as rodas do carro se derramaron, todos van dicir por onde non debía pasar; da mesma maneira, se pensa que cando non sopra o vento, ata a veleta ten carácter. E cando neste país, aínda chamado España, o seu Goberno trataba de convencer aos seus acólitos – ¡alá eles!-, que aquí non ía pasar nada, eramos os máis mellores e a Champión League da economía, os sindicatos gardaron sempre un silencio elocuentemente cómplice; e agora seguen facendo seguídesmo político gobernamental. Como se todo discorrera polas canles previstos, sen que nada se puidera prever nin facer.

A Fernández Toxo –secretario xeral de CC.OO-, ca que caeu sobre a clase traballadora e os chuzos de punta apuntando todos os días aos traballadores, non se lle ocorre outra que xustificarse: “Si una huelga general pudiera crear un solo empleo, ya se habría hecho”. Cabe preguntarse cántos empregos se crearon tras cada folga xeral habida.

Toda unha doutrina programática sindical, a do líder de CC.OO, actuando en clave futurista, en beneplácito e graza de quen sostén a representatividade dos traballadores. Con esta visión, nin fan falla sindicatos, e menos que lles paguemos todos. Atopámonos cun Goberno que non goberna –anda a salto de mata-, e uns sindicatos autoxustificadamente tancredistas, por omisión ou por compracencia... con quen os sostén. Os que non queren ser vencidos pola verdade, o serán polo error. Que a Igrexa lles perdoe.

Te puede interesar