Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Ó ler certos libros, ás veces, un atópase con sorpresas que che fan lembrar épocas da vida. Foi o que me pasou cando lin o libro “No tocarás”, da galega Nuria Pérez, que na páxina 126 un personaxe “quedábase ata as tantas escoitando a Pumares ou a Gomaespuma e sempre tiña unha casete preparada”. Foi exactamente o que me pasou a min nos anos 80 do século pasado.
Se hoxe sei algo de cine e coñezo algo de música foi grazas a Carlos Pumares co seu programa radiofónico “Polvo de estrellas”. Tamén é verdade que por culpa del, de Pumares e do programa, é polo que me custa tanto quedarme durmido. O seu programa remataba ás tres da madrugada e un servidor tiña que erguer ás sete ou sete e pico para ir traballar. Entre isto e a pequena sesta que tiña que botar á forza, pois case é normal que escarallase a rutina e normalidade do sono.
O cine sempre me gustou moito, incluso antes de escoitar ese programa (vin moito cine no colexio dos Milagres e en Madrid, na época dese programa, saíame unha media de 20 películas ó mes), pero foi Pumares o que me fixo amalo e coñecelo algo máis. Ese home era unha auténtica enciclopedia cinematográfica. Era raro que lle quedase unha pregunta -da xente que chamaba por teléfono- sen contestar. E naqueles anos aínda non existía a Internet.
Impresionoume tanto aquel programa que intentei imitalo en Radio Maceda
Con respecto á música podo dicir que, fóra de Camilo Sesto, Víctor Manuel, Juan Pardo e o típico éxito de ventas existente en certas datas, eu nin coñecía nin sabía nada de nada. Foi Pumares o que me descubriu todo un mundo marabilloso coa música que puña, desde bandas sonoras ata jazz, desde programas especiais sobre algún cantante ou grupo ata o blues. De todo iso foi polo que eu tamén botei man das casetes e, agora mesmo, haberá unhas centenas delas collendo po no faiado.
Dos seus especiais lembro dous en concreto marabillosos; un sobre Barbra Streisand, que me descubriu que, coa súa voz, soubo acompañar o ruídos de certos instrumentos domésticos; e o outro sobre aqueles actores famosos que nunca imaxinamos que cantarían -e si o fixeron-, desde John Wayne ata James Stewart, desde Lee Marvin ata Gregory Peck, e uns cantos máis que, pasados corenta anos, é normal que non recorde xa.
Impresionoume tanto aquel programa que intentei imitalo en Radio Maceda -sen as chamadas telefónicas-; só falando de xente de cine e poñendo música.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último