Opinión

Ferrari

Ferrari
photo_camera Ferrari

Empezou oficialmente a tempada dos biopics. Estreáronse xa tres nas últimas dúas semanas. O primeiro en chegar foi Ferrari de Michael Mann, os outros dous son Bob Marley: One Love de Reinaldo Marcus Green e Priscilla de Sofía Coppola. Falaremos pronto sobre estes últimos, de momento imos a falar do biopic sobre o fundador dunha das casas automobilísticas máis famosas do mundo. Ambientado no 1957, nun dos momento claves da vida e da profesión de Enzo Ferrari, o filme vira arredor da crise matrimonial do inventor do ‘cavallino rampante’ para acabar na Mille Miglia, centrándose sobre a traxedia de Guidizzolo onde perdeu a vida o piloto español Alfonso de Portago xunto con 11 espectadores – cinco de eles nenos. Interpretado por Adam Driver, Pepelope Cruz e Shailene Woodney, entre outros, o último filme do mestre da acción Michael Mann, sorprendentemente é un biopic bastante convencional. A película tarda en arrancar. A característica mirada do director intenta atopar un oco entre as dulces coliñas emilianas, os tópicos que cada espectador estadounidense e non espérase de Italia –a barbería tradicional na praza da cidade, as comidas a base de pasta al pesto etc.- , e certo rigor biográfico e histórico. A vida sentimental de Enzo Ferrari toma protagonismo e non é precisamente no melodrama onde Mann luce as súas habilidades. Nos primeiros corenta minutos, o director parece máis preocupado en relatar de forma exhaustiva os acontecementos da vida –tamén profesional- de Enzo Ferrari, que intentar transmitirnos a súa paixón por ese deporte. Así que nos atopamos cunha narración algo didascálica construida arredor dun decorado vintage. A pesar das correctas interpretación dos protagonistas, é difícil empatizar con eles. Cada personaxe non consigue transmitir emocións reais, e o filme quédanse estancado sen saír dos boxes.

Onde realmente hai un cambio de rexistro e Ferrari toma a carreira é na Mille Miglia. A reconstrución da Mille Miglia, unha das competicións de resistencia en carreteiras abertas ao tráfico máis arriscada da historia do automobilismo, é relatada estupendamente. Aquí Mann pon todas as súas cartas sobre a mesa, incluso nos preparativos previos á competición. Consegue transportarnos no 1957, nunha carreira que puxo no mapa os nomes de Ferrari, Alfa Romeo, Mercedes e Lancia. Ao longo do seu percorrido vivimos unha experiencia inmersiva, tanto física como emotiva. A cume é representada polo accidente de Guidizzolo, que puxo a palabra fin á Mille Miglia e deu comezo a un xuízo contra Ferrari que durou varios anos. Ao longo desta competición, finalmente as emocións e a adrenalina líbranse, entendemos a paixón por ese deporte e a traxedia que está sempre detrás dunha curva.

Definitivamente Ferrari é un filme tan ambicioso como irregular. O cineasta viuse involucrado nel ao longo de case unha vida, o seu amor polos coches deportivos xurdiu cando aínda estudaba cine en Londres nos anos sesenta. Pero son outras as películas sobre rodas que seguramente recordaremos del: Collateral (2004), Heat (1995) ou Le Mans ’66 (2019), este último que non dirixiu pero del que foi coprodutor.

Te puede interesar