Opinión

A odisea negra dos Osage

No seu último filme, Martin Scorsese relata a odisea negra da nación india Osage, un pobo orixinario de Norteamérica que, como outras tribos indios americanos, foron expulsados e obrigados a deambular a través de diferentes estados. Finalmente os Osage acabaron afincándose en Oklahoma nun territorio dominado por lobos e coiotes que ninguén quería habitar. Nestas mesmas terras, a finais do século XIX, descubriuse o petróleo. As tribos dos Osage fixéronse de súpeto ricas e esta situación empezou a atraer a invidia, a cobiza e a violencia do home branco. Na década do 1920, unha serie de atentados golpearon os membros dos Osage. Envelenamentos, ataques con bombas, disparos e calquera outro tipo de ataque físico, acabaron despertando a atención dos predecesores do FBI. O goberno federal empezou a investigar e destapou un sistema mafioso difuso, unha corrupción enorme entre os funcionarios locais, as empresas de petróleo e todas as comunidades brancas que vivían codo a codo cos Osage. 

En Los asesinos de la luna, Scorsese destripa a fondo esta páxina escura e moi pouco coñecida da historia americana. Robert De Niro e Leonardo DiCaprio encarnan con matices os malos da película. O primeiro é un malvado disfrazado de cacique bo, mentres o segundo é un bobo codicioso, que se balancea entre a inxenuidade e a mesquinidade. Lily Gladstone borda o seu primeiro papel como protagonista nunha película mainstream. É a verdadeira alma do filme e nela reverbera esa reivindicación de xustiza que o cineasta quere transmitir. Quizais pode considerarse incluso o personaxe feminino mais redondo da filmografía de Scorsese. 

Los asesinos de la luna é unha adaptación do libro escrito por David Grann.  Podería definirse como un noir histórico ou un western ao revés con tinguiduras de comedia negra. É un filme que con valentía relata o nacemento dunha nación e as raíces do capitalismo salvaxe. Revela, a través dunha mirada madura, o que se esconde debaixo do disfrace do soño americano. 

Ademais dos protagonistas, enriquecen o reparto artístico Jesse Plemons, Pat Healy, Brendan Fraser ou Tantoo Cardinal. Incluso hai un cameo do propio Scorsese que aparece nunha xenial recontrución radiofónica dos eventos ao estilo El último show de Robert Altman. Unha nota a marxe merece a banda sonora orixinal de Robbie Robertson, habitual colaborador de Scorsese. Unha partitura que recupera mestura música electrónica e o son indíxena. Igualmente escóitanse unha recompilación de temas western e swing como o St. Louis Blues interpretado por Milton Brown And The Brownies e outros clásicos do blues e do country interpretados por Emmet Miller, Henry Thomas ou a Carter Family, entre outros. 

Los asesinos de la luna ten unha duración de 3 horas e media. É unha experiencia cinematográfica enorme en todos os sentidos. Pero Thelma Schoonmaker consegue manter con destreza o ritmo ata o final. Finalmente o último filme de Martin Scorsese é unha película lograda que aborda de fronte o pecado orixinal dos Estados Unidos. É unha experiencia cinéfila imprescindible. 

Te puede interesar