Opinión

SEIDEL E CARREIRA, EMERXENTES

Isabell Seidel está a ser unha aparición, cousa sabida pois as luces da epifanía do día seis nunca se apagan de súpeto. Os temas escollidos, que son anacos pintados a plein air nas rúas de Ourense, e Allariz tamén, están na sala pequena de exposicións do Centro Cultural da Deputación. Menos dun mes, mais está a ser a exposición á que ir para ver ese recanto da cidade que coñecemos... dende outros ollos. Imos alí a vermos, estar e sentirmos ourensáns, en espazos de relación, coa nosa xente. A arte é isto, que xa dende o singularísimo 'catálogo' se deixa ver popular, para a memoria dos sentidos. E do concreto: este, de aquí, é un recuncho da praza maior, aquel de alí do Parque de San Lázaro, aqueloutro o comezo das Caldas, segundo baixamos da Ponte, a Maior par excellence (Älteste Brücken, en alemán). Arte de formato pequeño que medra cando vemos como a artista alemana de orixe mais galega ourensá agora (dende o amor polo seu home Víctor Carvajal, e a súa terra), a interpreta. Dende o concreto, con tinta chinesa e firme pulso, no disposto soporte, que ilustra e ilumina, pois Seidel engade e tira de imaxinación dende a técnica e unha habilidade para facer falar o fondo natal da acuarela. Así nesta 'vedutta' de Ourense dende a rúa do Paseo, cara Curros Enríquez, sen coches e, qué máis? Natural de Lübeck, de pai arquitecto, se asentan no rural de Rouzós/Amoeiro, fai uns anos, chegando a estas latitudes dende Cádiz, onde se coñeceron, buscando verde, agua e campo. E tranquilidade tamén, pois ela está ligada á 'Urban Sketchers', O.N.G. de artistas do mundo que debuxan nas cidades onde viven e nos lugares ós que viaxan, sendo o debuxo un acto colectivo, que logo comparten na net. Así a 'Sketchcrawl Internacional' chegou por ela a Ourense na edición 13ª, coa colaboración do 'Centro Comercial Abierto' no pasado outubro. Antes, en Ponteceso, nun concurso, obtivera o primeiro Premio.



Vidas Entrecruzadas

Son as que dende a amizade xunta ó limiau de Parada de Ribeira Xosé Lois Carreira, escultor e pintor, co escritor Iñaki Aranzábal nunha iniciativa con aquil título que recauda fondos para 'Médicos sin Fronteras'. O proxecto se prolongará todo o ano 2014 no Mº Municipal, e cada mes seá unha obra plástica e un texto literario que se porán á venda. A relación deles ben dende a infancia, agora il Belas Artes, e Aranzábal inxenieiro que traballa en Valencia: a obra literaria e a plástica, relato que da pé á creación artística. Desta volta o texto inspirouse no París do gran fotógrafo Robert Capa, un famoso corresponsal gráfico de guerra que coñecemos por famosas fotos da Guerra Civil. Carreira fixo unha harmoniosa obra: 'Tiempo presente, pasado y futuro', nenos entrelazados en forma de roda, coas melenas tinguidas polas cores daquela súa Nexus VI, que saúda ó que entra pola Ponte do Milenio. Un caderno a completa

Te puede interesar