Opinión

Os asesores

Alabor dos asesores é a de ilustrar ou aconsellar sobor de certas auciós ou circunstancias. O noso Estado, dende o Goberno da Nación hastra o último concello, adoitan ter un núme ro considerable de asesores que non forman parte da nómina funcionarial. É dicir: son coma empregados eventuales, pagados por todos nós e con soldos bastante considerables.


Si temos en conta que a nómina de funcionarios está composta de xente que acadou a praza correspondente, teóricamente, en reñidas oposiciós, o mais lóxico é coidar que “dentro da casa” temos ós mais capacitados no eido do asesoramento. Un dato moi “curioso” é que, mentres a xefatura do Goberno de Hespaña tén soio pra ella mais de seiscentos asesores, o Estado do Tío Sam tén, pra todo o Estado, ¡trinta e cinco! O que nos leva á conclusión de que, ou os asesorados son de tan cativa preparación que deberían deixar gobernar a unha comisión de asesoradores, ou é que, en realidade, istes pertencen á vella caste dos ¿qué hay de lo mío?,vulgo pesebreiros.


Poderíase e deberíase prescindir desta innecesaria carga e adicar o aforro resultante a valerlle a outras necesidades mais perentorias; mais é imposible nun país que tén iste tipo de corruptelas no seu ADN coma unha segunda pél, e que non pode deixar “na rúa” a unha xente que non sabería vivir doutro xeito.
¿Será que os nosos gobernantes teñen medo de acrecer o paro?

Te puede interesar