Opinión

O decreto lingüístico

Seguín con moito interés, supoño que coma moitos galegos, as declaraciós do presidente da Xunta nun programa televisivo de gran audencia, que coido merecen unha sosegada refleusión. Alomenos, no que atinxe ó eido linguístico. Di o presidente que o próusimo decreto sobor do tema plasmará no papel as conclusiós práuticas que se van adoutar, asegún a política linguística determinada. Di o presidente que a idea é que o estudante, ou opositor, poidan acibir o ensino no idioma que prefiran, ou facer o esame do mesmo xeito, con plena liberdade ien uso dos seus dereitos. Di tamén que o coñecemento do galego será un plus, mais, iso si, despois de avaliar o resultado das probas xulgadas.

Isto sería o ideal. Mais acontece que, do mesmo xeito que a liberdade individual decide a lingua na que se quere estudar, tamén decide a que se quere empregar pra opositar e, polo tanto, pódese dar o caso, por exemplo, de que un monolinguísta castelán acade nunhas oposiciós unha puntuación máis outa do que outros, mesmo inda que istes teñan o plus de coñecemento do galego. Daquela, un médico non terá problema porque a súa función será curar, con independencia de que o intestino que opere lle poidan chamar “tripa cagadeira”. Mais, ¿e si é un mestre? Non poderá dar clases en galego nin entender ós que se dirixan a il niste idioma. ¿Que facemos con il? Si, poñamos por caso, tivésemos a hipotética oportunidade de poder contar con eminencias de renombre dispostas a ensinar nas nosas universidades, ¿deixaríamolas escapar por non falar galego?

Ser galegos non siñifica ser parvos nin tampouco cegos ou irracionales. É de sentido común que hai que dar en galego a lengua, a literatura ia cultura galegas. O castelán, por unha sinxela razón de eficacia e pramatismo, debe de ser a lingua vehicular de todalas outras materias. Sería a millor maneira de acadar un amplo dominio das dúas. O do inglés, de momento, non é mais ca “un brindis ó Sol”. Non temos os medios suficientes pra elo nin a sociedade galega pode aspirar a elo a curto plazo. As cousas hai que facelas sin presas e con sentidito.

Te puede interesar