Opinión

OS DÍAS DAS LETRAS

Cada ano, con machacona insistencia, vénse repetindo, coma si fose unha fotocopia, a mesma parafernalia e mesmo programa, no esencial, dos anos anteriores. Busca dun autor anónimo, porque a relación dos coñecidos ou recoñecidos está esgotada, a quen adicarlle o evento que, entre loubanzas dun lado e do outro, rematan os nosos literatos en pouco menos que pidir lle concedan o Nobel de Literatura, mentres andan á porfía en tratar de amosar, cada un, o tempo que levan coñecendo e admirando a obra do interfeuto que pode ser que, hasta ise intre, fose moi coñecido na súa casa á hora do xantar.


Sin entrar a discutir, nin por en dúbida, os méritos literarios de ningún, e recoñecendo as nosas limitaciós niste eido, non deixamos de ouservar con grande abraio que os de sempre e coma sempre soio falan de literatura e ningún de lingua.


Non hai moitas datas que tres persoeiros da RAG dixeron que ían escomenzar -xa levan así un século- a Gramática io Dicionario da Academia. Isto é unha confesión implícita de que a que hai non vale. Si a lingua está antes do que a literatura, e que hai que partir do seu coñecemento e adecuado manexo pra producir literatura solvente, tanto si é literatura 'galega' como si é literatura 'escrita en galego', o noso proceso é inverso. Partimos da literatura pra coñecer a lingua, mais, ó usar unha gramática e un dicionario espurios, estamos a facer o labor do que comeza a facer a casa polo tellado e mesmo cos alicerces de terra.


En fin. Pra que nos non renda o tempo deica o próusimo ano, faremos os 'correlinguas' e segiremos co Xabarín Club, que son como a 'kale borroka' da nosa lingua, celebraremos o traballo dalgún colega escritor que hastra pode ser bó, e, pro ano, discursos varios, cheos de bóa vontade, concertos de música galega e, por fin, estaremos onde estamos. Nin siquera teremos que cambear nada pra que todo siga igoal.


¿Ia lingua? ¡Que lle dean!

Te puede interesar