Opinión

ESTADÍA NA RESIDENCIA DO CRISTAL

Unha semana de 'vacaciós pagadas' pola Seguridade Social foi unha esperencia inesquecible.Desde o ingreso, por Urxencias, coa moitedume de idas e vidas, probas dun lado e analíticas e placas por outro, a bordo das camas de rodas, con 'chauffeur' incorporado, e que, hasta o aparcamento definitivo na quinta planta da materno-infantil, daban a sensación dun desorden perfeutamente orgaizado. Tanto no clínico coma en planta, o trato de todolos compoñentes do persoal, a todolos niveles, foi exemplar con todolos enfermos que alí estábamos, sin un mal xesto e rivalizando no aquel da súa atención ós mesmos e laiándose de certas carencias de todo tipo, non debidamente subsanadas. O que tén un mérito moi grande é que o seu esforzo, sin regateos, é prestado pese a saber que son os profesionales de toda Europa pior pagados, tanto a nivel facultativo como a nivel sanitario.


Quixera facer unha mención especial ó tema alimentario. Nótase un especial coidado na elaboración e control das diferentes dietas, que chegan ó enfermo con información precisa sobor do particular. A calidade da comida é moi aceptable. Mais, si a comparamos coa das opiniós apriorísticas que adoitan escoitarse, teríamos que dicir que é escelente.


Desde eiquí, quixera mandarlle o meu mensaxe de agradecemento e solaridade a esta xente que tan bo trato derrocha, coa Dra. Suárez á fronte, e que coido que é o millor xeito de honrar unha profesión, a calquer nivel. Por todo, moitas gracias e moitos azos.

Te puede interesar