Opinión

AS MULTAS

Desde a máis remota antiguidade, todolos pobos estableceron unha ringleira de medidas, de tipo social, que lles serviran de normas de convivencia. Paralelamente, e pra compensar ou reconducir unha posible falla de respeto ás mesmas, estableceronse normas sancionadoras ou punitivas, como cárcere, execución, multas, etcétera. Ímonos centrar nestas.


Foi sempre a gran preocupación dos lexisladores que as penas fosen proporcionales o delito ou infraución cometidos. A 'Lei do Talión', que Moisés lle deu ós xudeos, e que é unha das mais controvertidas, foi, niste apartado, máis xusta do que as multas de tráfico en vigor. O 'ollo por ollo e dente por dente' establecía unha pena idéntica ó mal realizado. As multas de tráfico son fortemente abusibas, por desproporcionadas e, normalmente, son aplicadas sobor dun hipotético potencial daño que se poida orixinar. Supoñamos que un condutor aparca pisando un anaco dun paso de peós, ou aparca nun espazo reservado pra carga e descarga. A multa que lle impoñen é de 200 euros, que é o xornal de, aprousimadamente, cinco días de salario dun 'mileurista' e non sei cantos dun pensionista que, ó pior, parou no sitio que pudo, mentres foi por unha medicina. Mais, isto é no caso de que non interveña o servicio de grúa. Niste caso, hai que engadirlle 76 euros mais. É moi 'curioso' que o labor do axente, co gasto de bolígrafo e talonario, coste 200 euros, mentres que o da grúa, con desplazamento, chófer e coche, coste 76 euros. Isto é aplicable a outro tipo de situaciós e mesmo ás denuncias de 'radar', porque as alternancias de sinales de velocidade máisima nas autovías, as que se supón que foron proieutadas pra ter un modo uniforme nas condiciós de circulación, denotan, o mesmo que nas anteriores, que o fin destas sanciós non é correxir ós condutores sinon de sacarlle os cartos dun xeito vergoñento e vergoñante.


Xa sabemos que as administraciós correspondentes rebaixan á metade o importe das multas si se pagan nun determinado prazo. Mais son tan abusivas que, aínda reducidas, son moi desproporcionadas. Ou sexa que do que se trata é de que o sancionado page o que ía pagar e, por riba, page ledicioso e agradecido á 'benefautora' administración. Suponse que as multas, na súa filofosía, levan un compoñente económico pra, de alguna maneira, compensar á sociedade polo fallo cometido e, tamén e máis importante, un efeuto exemplificador. Pero claro, isto conleva que os encarregados de establecer a norma e mais de facela respetar, teñen que ser os primeiros en dar exemplo de respeto e cumplimento das mesmas.


O exemplo da moitedume de outros cárregos das administraciós do noso país, dende ministros, presidentes de comunidade, alcaldes e mesmo direutores xerales de tráfico, non é o mais axeitado pra convencer a un condutor calquera que ouserva atónito un coche da Policía aparcado onde, a il, multárono por 'interrumpir a circulación', ou ver un aparcamento reservado pra concelleiros, a carón da Casa do Concello, onde o cidadao, que é o que lles paga, non pode estacionarse. E mesmo cando, por un retraso nun pago á Facenda ou outro calquer orgaísmo oficial, lle arriman un recargo do 20% e, cando quen se demora é a Administración, fanse 'o tolo' por tempo indefinido e sin recargo ou, como máisimo, un 2%.


Evidentemente, esta potaxe está coziñada con un claro afán recadador e por xentes que saben, ou supoñen, que a iles lle non vai tocar de pagar ningunha. Isto, na antiguidade, non sería bén visto. O que pasa é que, daquelas, había homes xustos. Agora soio hai políticos.

Te puede interesar