Opinión

¿Onde está a imposición?

Con este tiduo, firma un artigo, nun xornal galego (12/05/08), o presidente da ‘Mesa pola Normalización Lingüística’, Carlos García Callón. Di, nel, que ‘non hai correspondencia entre o número de persoas que utilizan o galego no seu día a día e a presenza diste idioma nos diferentes ámbitos: medios de comunicación, ensino, xustiza, comercio, etcétera. Esta contundente exclusión da lingua de Galicia, por secular e abafante, está interiorizada como natural’ ‘... a posibilidade de equilibrar minimamente a balanza, garantindo o dereito a comunicarse en galego alí onde se exclúe, é descrito polos sectores mais inmovilistas da sociedade como imposición. Trátase dunha mentira, dun discurso cínico e irracional, aínda que reiterado mil veces... así, o oprimido na realidade faise ver como opresor’ (sic).


Pois bén, o galego e mailo castelán lévan séculos convivindo, nun marco determinado pra cada un deles. O galego como lingua nai, a da relación íntima, a do sentimento, a da emoción. Poderíamos decir a lingua do espírito. O castelán como lingua do ensino docente, dos escritos oficiales, do atadallo vencellador co resto dos españoles. É dicir, a lingua ‘oficial’, ‘stricto sensu’.


A diferencia nas funciós é a que as fai complementarias, unha da outra, e crea un equi librio armónico entrelas, colonizaciós e avatares varios aparte. Cando se pretende rachar ise equilibrio e, co falso argumento da lingua asoballada, trocar a posición de cada unha, hastra que a lingua minorada sexa a lingua de uso común iesclusivo, e a lingua maioritaria, mesmo si pode ser, desapareza, é cando nace a ‘imposición’. Porque, non nos trabuquemos. O castelán falámolo iescribímolo a totalidade dos galegos, o que se non pode dicir, por desgracia, do galego; de tal xeito que, paradóxicamente, poderíase dicir que o castelán é mais lingua nosa do que o galego.


Pra complicar mais a cousa, os que lle chaman ‘impostores’ (de ‘impoñer’) ós outros, por moitos laios que ceiben, son os auténticos responsables da situación, que iles dicen de ‘opresión’, do idioma galego. Porque, coma todolos galegos sabemos, a imposición oficial do uso do galego, en todolos ámetos, é a causa do xeral rexeitamento, sobor de todo pola parte da mocidade estudiantil. Asimesmo, e por mór das ‘veleidades’ lusófonas dos normativizadores e pseudos normalizadores, atopámonos con dúas castes de idioma galego. O enxebre, o dos devanceiros, o que os galegos mamamos e conservamos hastra dagora e que poderíamos definir como idioma da ‘xente do común’, o de Galicia. E, pola outra banda, o galego normativo, ise no que nin os que o rixen se poñen dacordo na normativa mais axeitada que darlle, que ás mulleres galegas lle soa a chinés, e que pra istes rexidores é o idioma único e oficial de Galiza.


Pese a campañas enganosas de publicidade, como a que di que co estudo en galego pódese chegar mais lonxe (non o cren nin iles), o único que é verdade é que, como di o departamento de Normalización da Universidade de Vigo, cantos mais idiomas aprendamos mais ricaces seremos. Haberá que recuncar moitas veces, hastra que ista xente se decate de que a Administración tén a obriga do ensino do galego e os galegos o dereito de usalo, ou non. O tratar de impoñelo, aparte do rexeitamento que produce, é un aldrase á liberdade das persoas.


Eu ridíalle ó señor Callón que il non é mais galego do que os que adoitan espresarse en mais idiomas, indistintamente. Que a verdadeira Normalización consiste en falar no mesmo idioma en que nos falan. E que, dende logo, eu prefiro que a miña lingua, a galega, non sexa empregada pra insultos e admoniciós varias.


P.D. A min tamén me ocurre que, ó dirixirme a funcionarios, en castelán, respóstanme en galego.



Te puede interesar