Opinión

O punto negro do botánico

Mesmo onde comenza o terréo do Xardín Botánico, hai un verdadeiro “punto negro” no que atinxe á circulación de automóviles, xa que non hai mes do ano en que se non produzan colisiós no mesmo. Afortunadamente sin daños persoales, por mor da escasa velocidade, que pode ser a causa de que nadie se preocupe de remedialo. 

A causa é que hai un tramo de como dez metros, en curva, limitado por un muro de pedra, rematado con forxado de ferro por unha banda e, pola outra, por un talude, con un “repé” de aprousimadamente un por un metros de groso. Iste “repé” fai que a pista se estreite na base o suficiente pra impedir que dous coches podan cruzarse doadamente 

Os condutores recurren ó toque de pito pra que o que veña de fronte lle ceda o paso. Mais como, normalmente, o outro emprega a mesma tática, ningún para hastra que se atopa co outro, sin outro recurso que o de freno ó fondo que, en algús casos, non alcanza pra parar os coches, sobor de todo cando o piso está mollado, e velhaí o castañazo servido. E non queiran oír as discusiós subseguintes. 

Tendo en conta que o citado “repé” está en terreo propiedade do Concello e de que, dispoñendo de unha paleadora retro e dous camiós, non levaría nin un día o desvaste do mesmo e solucionado o problema de circulación, non é doado entender que non esté arranxado xa hai tempo.

Te puede interesar