Opinión

Sementan conflito e división

Van xa 40 anos dende que o Parlamento deste País, por unanimidade, aprobou a Lei de Normalización Lingüística, que constitúe unha lei de desenvolvemento básico do Estatuto de Galicia, suprema norma institucional e parte do bloque da constitucionalidade, segundo reiterada xurisprudencia do Tribunal Constitucional.

Esta lei dispón que o galego, como lingua propia de Galicia, é a nosa língua oficial , sen prexuizo da oficialidade do castelán em todo o territorio do Estado disposta na Constitución. Tamén sinala que a toponimia de todas as vilas, cidades, territorios, concellos e entidades poboacionais de Galicia terán como única forma a galega e que, neste senso, a Xunta aprobará os nomes de todos eles. Estas son as denominacións oficiais a todos os efectos e toda a rotulación terá de concordar con elas. 

A Lei é clara e foi aprobada por todos os representantes parlamentarios da cidadania galega. Velaí que, neste contexto, as recomendacións da Academia da Lingua castelá (RAE) defendendo o uso de exônimos (traducións ao castelán) para nomear as vilas e cidades galegas, cando se usen en contextos non oficiais, constitúe unha conducta obxectivamente minorizante que descoñece o proprio ordenamento xurídico do Estado atribuíndolle á normativa galega un carácter provincial e á língua galega un carácter subordinado.

 Porque sería difícil entendermos a campaña deste verán da organización autonomeada Hablamos Español (que ten a súa orixe naquela Galicia Bilingüe de triste lembranza, que convocara aquela manifestación en Compostela de febreiro de 2009 baixo do falso leit motiv da imposición do galego) sen este apoio falsamente científico da RAE, que mesmo desatendeu os requirimentos de autoridade científica auténtica emitidos pola nosa Academia Galega (RAG). 

Presentan esta campaña os seus voceiros e dirixentes como se Galicia fose un País no que se discrimina ás persoas usuarias da língua castelá, cando somos precisamente as persoas galegofalantes (entendendo aquelas que falamos sempre o de xeito cotián a língua propia) as que sofrimos decote moi grandes inconveniencias, cando non a práctica imposibilidade, para vivirmos en galego. Galego que segue a ser língua en absoluto minoritária, mais si minorizada pola desigualdade xurídica que xera o deber constitucional de xeral coñecemento do castelán, que fornece de excepcións sen número o que debería ser unha obriga xeral de coñecemento para todos os empregados públicos e persoas que atenden aos consumidores sen excepción ningunha.

A máis abastanza xerar controversia co nome legal e pacífico das nosas cidades e vilas supón xerar conflito e división na nosa sociedade a respecto dunha toponímia xeralmente aceptada.

Velaí que Hablamos Español estea a usar dos dereitos que lle outorga un sistema liberal e democrático no que, dende o seu supremacismo españolista, non acredita.

Te puede interesar