Opinión

Moitas ganas de carreiras

Este fin de seman comeza en Valladolid o Open de España de BTT XCO, e con elo arranca unha nova tempada de BTT. Por diante unha temporada extrana e incerta debido a situación derivada do Covid-19. 

A nivel mundial a gran cita, ademáis dos Campionatos do Mundo e Copas do Mundo, serán os Xogos Olímpicos de Tokio, nos que o BTT español estará con 2 corredores, aínda sen definir, pero entre os que pode estar o ciclista macedán Pablo Rodriguez Guede (BH Templo Cafés).

Outro corredor local a ter en conta esta tempada, e Iván Feijóo, tras a súa volta ao BTT, e despois da súa incorporación a estructura do BH Templo-Cafés, no equipo Co Factory. Iván ven de rematar unha gran tempada de ciclocross, con podio na Copa do Mundo incluido. 

A nivel estatal, a referencia será o Open de España BTT XCO , con catro probas programadas , en Valladolid, Sabiñánigo, Ávila e Mallorca, na que o noso equipo conta estar presente, ademáis das probas do Calendario Galego e Estatal.

Para nós será un ano de novos retos, con rapazes e rapazas , en formación, nutridos a partir da nosa Escola, e que a bo seguro nos depararán cousas interesantes. A referencia terana en xente como Saúl López, referencia do equipo nestes momentos. 

En resumen, temporada extrana , despois dun ano en branco para todos, e con un calendario incerto e pendiente de ver cómo evoluciona a situación sanitaria. Pero eso si, moi ilusionados e con moitas gañas de carreiras ciclistas.

Te puede interesar