Videos Ourense

A arte plástica e reivindicativa de Clara Martín

Escritura e arte plástica conxúganse en Clara Martín para dar saída a unha paixón, a un xogo de liberdade, no que leva o feminismo por bandeira. Nos seus collages atopamos mulleres, mulleres auténticas, e textos, textos que nos levan a descubrir cada peza desde o seu punto de vista.