Videos Ourense

Barbadás rende homenaxe a Gurriarán e a lingua galega

A banda de música avanzou con ritmo solemne pola Avenida de Celanova cara a carballeira do parque dos Carrís. Foron seguidos de veciños de todas as idades que camiñaban ao ritmo que marcan os tambores e os bombos.

A banda de gaitas Nova Fronteira e a banda da Escola Municipal de Música pecharon o primeiro concerto da I Foliada das Letras Galegas de Barbadás co himno de Galicia.