Videos Ourense

Firma para la realización de la muestra de "Castelao grafista (facsímile)"

Afundación, a Obra Social de ABANCA e o concello de Celanova asinaron hoxe o convenio para a realización da mostra "Castelao grafista (facsímile)" que, o vindeiro venres abrirá as súas portas na Casa dos Poetas da localidade. No acto de rúbrica estiveron o alcalde de Celanova Antonio Puga Rodríguez, Rosana Neira Rodríguez que é a directora da oficina de ABANCA en Celanova e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano.