Videos Ourense

Música tradicional para a festa e ledicia con Par de Par

Fai 11 anos que Par de Par se formou como grupo. Pero tras esta data que pode parecer recente hai toda unha vida en común de formación, actuacións e xuntanzas. Este par de gaitas e instrumentos de percusión levan con eles a ledicia que caracteriza calquera festa onde hai música tradicional.