Videos Ourense

Presentación da obra teatral "Asamblea xeral", escrita polo dramaturgo Lauro Olmo

Fina Calleja, de Sarabela Teatro, Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura en O Barco, e Fran Núñez, director da unidade teatral da Xunta, presentaron a obra "Asemblea xeral", escrita polo dramaturgo Lauro Olmo (O Barco, 1922; Madrid, 1994) e a súa dona Pilar Enciso (Madrid, 1926; Madrid, 2008). 

Dirixida por Fina Calleja e coproducida por Sarabela Teatro e o Centro Dramático Galego, será estreada no teatro que leva o nome do coautor, o barquense Teatro Lauro Olmo, ás 21,00 horas do venres 27 de maio. As entradas poden adquirirse no establecemento Ton y Son ou no despacho de billetes do auditorio, desde unha hora antes.