Bancadas cubertas para o campo de fútbol de Xinzo

campo_result
photo_camera Rapaces adestrando nas instalacións do campo de fútbol José Antonio Fernández Carrera en Xinzo.

É unha obra que se viña reivindicando dende fai cinco anos e contará con dúas fases: construcción dunhas gradas fixas e a adquisición de outras móbiles

O alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, firmou un convenio coa Deputación de Ourense para levar a cabo a construcción de bancadas cubertas no campo de fútbol José Antonio Fernández Carrera.

Trátase dunha reivindicación que se ven facendo por parte do Concello de Xinzo dende hai cinco anos. O campo de fútbol José Antonio Fernández Carrera construíuse no ano 2012 e é o único terreo de xogo de herba sintética que hai na vila de Xinzo.

A obra será acometida en dúas fases. Na primeira levarase a cabo a construcción da estrutura exterior das gradas. Para este primeiro paso hai unha dotación de 56.000 euros, subvencionados ao 100 por 100 pola Deputación de Ourense.

A segunda fase consistirá na adquisición dunhas bancadas móbiles. Deste xeito poderán ser empregadas noutros lugares da vila na época do verán e para outros eventos puntualmente, cando non haxa competicións oficiais.

Dende o Concello destacan a importancia da obra xa que son moitos os espectadores que se achegan a este campo a ver o fútbol.

Te puede interesar