Nesta edición búscase favorecer a conciliación familiar e o ocio seguro
O campamento de verán de Xinzo arrancou esta semana cun cento de inscritos que disfrutará de diversas actividades nas vindeiras semanas. A iniciativa, dirixida a nenos nados entre o 2008 e o 2014, pretende favorecer a conciliación durante as vacacións escolares dos pequenos e ofrecer alternativas de ocio seguro.
Durante un mes, os cativos poderán participar en xogos de orientación, senderismo, tenis, olimpiadas, piscina e en diferentes obradoiros, entre outros.
As prazas son limitadas e os interesados en participar deberán inscribirse previamente no pavillón de deportes ou na Casa da Cultura.
Ao longo do verán haberá tamén actividades para todos os públicos: Xinzo Fit e outros deportes como pádel ou BTT. Tamén ou andainas.