POLÍTICA LOCAL

Compromiso por Galicia Xinzo leva o problema do Epitrix a Bruxelas

ff75809d-e461-4590-8747-893a56e9c9be_result
photo_camera Jaime Folgoso, no Parlamento.

Dende a formación aseguran que a Comisión Europea está a estudar outras solucións tecnicas á Praga

O portavoz de Compromiso por Galicia de Xinzo, Jaime Folgoso, formou parte dunha delegación desta formación política que se desplazou a Bruxelas ao longo da pasada semana. O obxectivo da visita foi incidir na problemática do Epitrix -que afecta ao aspecto externo da pataca e do que na Limia se detectaron xa oito casos-, a través da eurodiputada Izaskun Bilbao. 

Dende CxG Xinzo adiantan que a Comisión Europea está a estudar outras solucións técnicas que non afecten tan directamente ás explotacións como as resolucións actuais e se está a traballar cun comité cientíco a tal efecto. "Mentres o resto de forzas políticas da Limia agardan tras unha mesa, Compromiso vai a Bruxelas e pon o problema no centro da acción, para ter un dictame favorable para os productores da Limia", dixo Jaime Folgoso.

Te puede interesar