Encontro de Mulleres da Lusofonía no Museo da Limia

Terá lugar durante esta fin de semana e está organizado pola Academia Galega da Lingua Portuguesa

Baixo o título "Mulheres, territórios e memórias", este encontro ten como obxectivo "coñecer a labor das mulleres nos movementos cívicos do mundo académico no espazo lusófono e abrir, por este medio, unha vía de recoñecemento e colaboración entre o reintegracionismo e os movementos cívicos daquel espazo". 

Neste sentido, as conferenciantes participantes no acto compartirán as súas experiencias vitais e analizarán o papel da muller en diversos espazos, como o mundo económico, coa finalidade de "reivindicar" a non discriminación da muller  por cuestións de xénero ou pola procedencia xeográfica. 

A presentación da actividade será o sábado, ás 09.30 horas no Museo da Limia e a partir das 10.00 horas terá lugar a primeira das intervencións, que irán seguidas de diversos espacios para o debate entre os asistentes.

 O evento conta coa colaboración do Concello de Vilar de Santos, a sala de concertos Arca da Noe, a Fundación António Agostinho Neto, a Unión de Mulheres Alternativa e Resposta (UMAR) e a Asociación de Mulheres Negras, Africanas e Afro-descendentes. 

Te puede interesar