PROMOCIÓN

Música para promocionar a praza de abastos de Xinzo

Banda Plaza_result
photo_camera Varios dos compoñentes da Banda de Gaitas de Xinzo na praza de Abastos da vila.

Todos os compradores que se acheguen á rúa da Ladeira, poderán gozar de sorteos e agasallos 

A Banda de Gaitas de Xinzo puxo a nota musical ao primeiro día da campaña "Quere o teu mercado" organizada pola Xunta de Galicia e o Concello de Xinzo. O obxectivo deste programa é promocionar e dar visibilidade ao mercado local e á praza de abastos da vila, inaugurada no ano 1998. 

Segundo sinalou o edil de Turismo, Carlos Gómez, dende o vindeiro 15 de maio e ata o 27 do mesmo mes, será "o punto álxido desta campaña" xa que durante eses días, todos os compradores que se acheguen á rúa da Ladeira, poderán gozar de sorteos e agasallos. 

Festival en Viana

A Banda de Gaitas de Xinzo participará este domingo, 30 de abril,  na segunda edición do Festival de Bandas de Gaitas en Viana do Castelo. Os músicos achegaranse ata o país veciño xa durante a tarde do sábado, onde participarán dunha visita guiada. Ás 21,00 horas farán unha actuación na Praza da Liberdade. O domingo serán recibidos na Cámara Municipal e ás 22,30 horas será a actuación principal na praza da República.

Te puede interesar