GANADERÍA

O PSOE de Xinzo solicita medidas para paliar os danos ao sector agrogandeiro

A iniciativa pasa por que a corporación provincial inste á Xunta de Galicia a realizar unha avaliación técnica dos danos producidos

O PSOE de Xinzo mediante a súa portavoz, Elvira Lama, vén de solicitar na Deputación de Ourense unha batería de medidas urxentes para a comarca da Limia pola "desfeita" que provocaron as choivas dos últimos meses no sector agrogandeiro. 

A iniciativa pasa por que a corporación provincial inste á Xunta de Galicia a realizar unha avaliación técnica dos danos producidos, e a que se sume á petición unánime de declaración oficial de zona de emerxencia con carácter urxente. 

Tamén solicitan a realización de estudos que determinen posibles medidas de apoio á actividade agraria, así como que a Deputación de Ourense demande á Xunta de Galicia a adopción de solucións  diante da Confederación Hidrográfica Miño Sil, relativas á limpeza, roza e mantemento das canles dos ríos, regatos, desaugadoiros, e a outras infraestruturas. 

Por outra banda, os socialistas limiaos piden unha xuntanza entre alcaldes e alcaldesas para tratar esta cuestión.

Te puede interesar