POLÍTICA LOCAL

Os socialistas piden melloras nas explotacións agrarias da Limia

762efa14-fe43-49da-918c-a579226a0223_result
photo_camera Un dos camiños de acceso a zonas de concentración parcelaria.

Piden a Medio Rural fondos para a reparación e mantemento das pistas de concentración parcelaria

Os socialistas de Xinzo rexistraron unha moción para ser debatida no vindeiro pleno da localidade -que tocaría no presente mes de outubro- e que afectaría ás distintas explotacións agrarias da Limia. Neste senso, o grupo da oposición reclama ao goberno autonómico partidas orzamentarias suficientes para mellorar notablemente as explotacións agrícolas da comarca. Piden a Medio Rural fondos para a reparación e mantemento das pistas de concentración parcelaria, e para levar a cabo tarefas de limpeza e acondicionamento de canles de desaugadoiro nas zonas de maior e habitual asolagamento do municipio. 

Asimesmo, a proposta tamén solicita que nos orzamentos de Medio Rural, así como nos de Infraestruturas, haxa partidas extraordinarias para acometer a tan demandada modernización dos regadíos, pendente nas catro comunidades de regantes. Por último, tamén reclaman a Medio Rural o establecemento duns prezos homologados mínimos para os contratos da pataca e consensuados cos productores, organizacións agrarias e almacenistas; xa que, a día de hoxe, supoñen unha eiva importante que fai oscilar os mercados de tal xeito que "provocan inseguridade e indefensión". 

A deputada e portavoz socialista, Elvira Lama, explicou que "agora que os orzamentos da Xunta están no Parlamento é hora de fixar compromisos reais con todos e todas as persoas que vivimos no rural. É o momento de esixirlle ao presidente galego que cumpra o seu compromiso con el".

Te puede interesar