A actuación do músico Anxo Blas puxo o remate á ‘I Festa do centeo limiau’ no pobo de Sandiás

Os veciños de A Corga fan o palleiro

 Os veciños participaron activamente na malla de A Corga. (Foto: Miguel Ángel)
Coa ‘malla’ e a posterior actuación do cantautor Anxo Blas, o pobo de A Corga, en Sandiás, despediu a ‘I Festa do centeo limiau’ que se desenrolaría durante este mes de agosto, comenzando os actos o día 2 coa sega e o 9 coa ‘acarrexa’.
As treboadas desenroladas ó longo das últimas xornadas cáseque a punto estiveron de abortar a ‘malla’, na que sería a última xornada da ‘I Festa do centeo limiau’ que ó longo do mes de agosto se desenrolou na localidade de A Corga, no concello de Sandiás, e que concitou no lugar a un grande número de persoas.

Arredor das tres da tarde, e cun templo estable e unha temperatura agradable que non presaxiaba chuvia, o organizador do evento, José Abadín, decidíu seguir adiante coa xornada da ‘malla’ prevista para este último sábado do mes de agosto, destapando a ‘meda’, pois tanto a máquina de mallar, unha antiga ‘Ajuria Vitoria’, como o motor de gasolina que mediante unha polea a facía funcionar, estaban instaladas na aira dende a mañá.

Foron moitos os veciños, tanto maiores coma xoves, os que voluntariamente decidiron tomar parte nas labores que conleva unha malla. E alí podían verse entremezclados dende os que achegaban os ‘mollos’ dende a meda, coma os que se querían iniciar na labor de ‘correiros’ levando a palla dende a saída da máquina, despois de que a xuntaran varias mulleres, ata o palleiro. Tamén era importante a labor desenrolada polas ‘cuañeiras’ que limpaban o gran do resto da palla e o xuntaban nunha esquina para a posterior limpeza, recollendo, aproximadamente, unhos 650 kilos de grao.

As oito da tarde quedaban rematadas as faenas co peche do palleiro. Logo, xa pola noite, e como ‘fin de festa’ dos actos que se desenrolaron en A Corga durante todo o mes de agosto, pois comenzarían o 2 coa sega e continuarían o 9 coa ‘acarrexa’, os veciños poderían disfrutar coa actuación de Anxo Blas, aínda que cambiando a aira da malla por un almacén de patacas por mor da choiva.

Te puede interesar